Thursday 02 de May de 2024

Preto de 200 persoas participaron no mercadillo de libros solidario de Ortigueira


• Os asistentes ao evento achegaron alimentos non perecedoiros e levaron a cambio libros de variadas temáticas.

• Os produtos recolleitos no acto organizado pola concellería de Cultura foron entregados ao departamento de Servizos Sociais, que xestiona o banco de alimentos municipal, ao que se destinan.

Preto de 200 persoas participaron no mercadillo de libros solidario que o Concello de Ortigueira organizou na praza da biblioteca municipal Juan Fernández Latorre.

A xente que se achegou ao lugar ao longo da xornada de celebración achegou o seu gran de area levando alimentos non perecedoiros e recollendo a cambio libros procedentes dos fondos da biblioteca ou de doazóns dos propios veciños e veciñas. Os e as asistentes puideron levar obras de temáticas moi variadas e dirixidas a todos os públicos.

Os alimentos que se recolleron no acto organizado pola concellería de Cultura foron entregados ao departamento de Servizos Sociais, que xestiona o banco de alimentos municipal, ao que se destinan.
“A organización do mercadillo foi posible grazas á colaboración, compromiso e traballo dás responsables dá biblioteca municipal, que como parte dá organización estiveron presentes para atender ás persoas que acudiron ao encontro”, agradeceu o concelleiro de Cultura, Juan Cao.

O mercadillo estivo activo ao longo de toda a xornada do xoves, desde 10:00 horas a 13:00 horas e de 16:00 horas a 19:00 horas.